miércoles, 31 de julio de 2013

Moitas Grazas por estes tres anos.


Hoxe vense de confirmar que o vindeiro ano non estarei de mestre no C.E.I.P. Javier Sensat e quería aproveitar este blogue para poder despedirme de quen non o poda facer en persoa. Gustaríame darlle as grazas a toda a comunidade educativa deste entrañable colexio polo trato que recibín dende o primeiro momento en que cheguei, especial agradecemento para Jesús, Maribel e Ramón pola súa especial comprensión coas complexidades da miña situación persoal. 
Un gustazo compartir horas de traballo co claustro de mestres, voume sendo mellor mestre grazas a vós. As miñas compañeiras de ciclo Marta e Susana que foron ás que máis preto tiven. A Manuel por compartir horas de futboleo.
Aos pais e nais dos alumnos que colaboraron en todo momento para que a formación dos seus fillos e fillas fose a mellor.
A Lino porque nel atopei un bo amigo e un profesional enorme.
Espero compartir o curso con xente tan boa coma vos no novo colexio e tamén podervos atopar de novo no meu camiño algún día.

Unha aperta. Eloy Porto Vázquez

miércoles, 22 de mayo de 2013

Programa Xornadas de teatro

O Cocello de Vigo ven de expoñer o Programa das IV Xornadas de teatro escolar onde  o C.E.I.PJavier Sensat vai participar con dúas obras :"O Coelliño branco" e "A Lenda do río do esquecemento".


As nosas representacións serán o xoves 23 de maio a partir das 11 e media. Esperamos que coas nosas obras desfrutute todo o público.

jueves, 25 de abril de 2013

Representación das Obras de Teatro

  
A escola Municipal de Teatro ven de confirmarnos as datas nas que os alumnos/as de 1º CICLO representaremos as obras de teatro nas que tanto tempo levamos traballando: "O COELLIÑO BRANCO" E "A LENDA DO RÍO DO ESQUECEMENTO".

  • VENRES 3 DE MAIO no C.EI.P. da Doblada.
  • VENRES 10 DE MAIO no C.E.I.P. Celso Emilio Ferreiro.
  • MÉRCORES 15 DE MAIO só 1º curso No FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS C.E.I.P. Javier Sensat. (Aberto aos pais)
  • XOVES 16 DE MAIO só 2º Curso No FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS do C.E.I.P. Javier Sensat. (Aberto aos pais)
  • XOVES 23 DE MAIO no Auditorio Municipal. (aberto aos pais).
 
Estamos impacientes por que cheguen estas datas e esperamos que desfrutedes do noso traballo
 
 

viernes, 15 de marzo de 2013

Noraboa!!











Os alumnos/as de segundo de primaria obtiveron un gran recoñecemento polo moito que len e se aproveitan da biblioteca do centro. O equipo de Bblioteca outorgou os premios trimestrales aos mellores lectores do trimestre e a nosa clase recibiu uns fermosos agasallos por ser a clase que máis leu.
Aproveitaron que se conmemora a semana da Prensa para organizar este acto que tivo lugar hoxe Venres 15 despois do recreo.
Os que non puidestes asistir hoxe a clase por estar enfermos ou lonxe (non nos esquecemos de Lucas) tedes esperando os vosos agasallos.


A SEGUIR DESFRUTANDO DA LECTURA!!

viernes, 1 de marzo de 2013

50 Anos de Balbino

Coñecimos a Balbino o protagonista de "MEMORIAS DUN NENO LABREGO" No aniversario da 1º publicación deste fermoso e inesquecible libro do escritor cruceño Xosé Neira Vilas.

 Preparamos tres grandes carteis : No primeiro podemos ver unha portada do libro que quizais polo tempo de publicación sexa a que coñezan moitos dos vosos pais.




 No segundo pódese ler a frase que abre o libro e que tanto nos deu que pensar sobre a personalidade de Balbino. Tamén quixemos que aparecera unha imitación da ilustración que Isaac Díaz Pardo fixo do Balbino cun carro de vacas.



O terceiro cartel é unha imaxe dun neno labrego que nos serviu para ilustrar mellor como podía ser Balbino e que apariencia tería.





 A min tróuxome recordos incribles de cando lin por primeira vez o libro sendo un cativo.


Déixovos un enlace no que hai un resumo dos capítulos e actividades entretidas de axilidade visual e vocabulario.
http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html














Monumentos de Vigo

Hoxe estivemos preparando o mural con monumentos da nosa cidade. Compartimos as fotografías e recortes entre o alumnado do primeiro ciclo e estivemos comentando o que conmemoran ditos monumentos.
Os que máis se repetiron foron os cabalos da Praza de España, O Nadador e o Sereo.























Cando queirades podedes ver os nosos traballos na primeira planta do colexio.
A semana que ven falaremos de como a historia foi tratando a cidade e como evolucionou ao longo do tempo. Tamén nos ocuparemos dos medios de transporte e das estacións de pasaxeiros que hai na cidade.

viernes, 22 de febrero de 2013

VIGO (Novo proxecto didáctico do ciclo)

Hoxe escomenzamos unha nova aventura de coñecementos no C.EI,P. Javier Sensat. 
A nosa cidade vainos a servir como fonte de inspiración no noso traballo diario nas aulas.
Por esta razón tivemos que achegar recortes vermellos para confeccionar a bandeira da cidade.






Coloreamos con tempera o escudo onde locen o castelo e o olivo e tamén fixemos un cartel ben chulo co nome da cidade.




Para a semana próxima imos a confeccionar un gran mural no que aparecerán os monumentos máis importantes de Vigo. Por eso imos ter que buscar fotografías, recortes de prensa, ... nos que aparezan os monumentos e incluso podemos traer fotos nas que aparezamos nos en eses lugares.


Vai quedar ben lucido o noso traballiño!!