martes, 22 de mayo de 2012

Unha viaxe no tempo.

Na última das viaxes do noso libro Antón, Antía e Cebola fan unha viaxe no tempo da man de Yerem. Atopan unha máquina do tempo e viaxan a era dos Dinosaurios. Alí fan un amigo moi especial, un Dinosaurio que xoga ao fútbol!!. 
Con el disputan un emocionantísimo partido que remata en empate. Despois emprenden o regreso a casa. 
Foi outra viaxe incrible!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Festival Letras Galegas 2012.

Hoxe conmemoramos o día das letras Galegas no C.E.I.P.Javier Sensat. Coa brillante presentación dos alumnos de 6º brillantemente dirixidos por María empezou o noso festival.
 O Programa foi o seguinte:


Infantil de 3 anos.............. Chocolata.
Infantil de 4 anos............... O maio
Infantil de 5 anos................. A rianxeira
1º ciclo......................Muiñeira de Chantada
                                  Auga de maio
                                  Os Oficios
                                   Pequeniño é
4º Primaria................. Dígame se fai favor
5º de Primaria ............  Contos con retranca
HIMNO GALEGO




Aqui podedes atopar as pezas que inspiraron a actuación dos nen@s de Primeiro Ciclo. (Por suposto non hai color e nos facémolo moitísimo mellor). 











martes, 15 de mayo de 2012

Ao cine a ver Copito.

O luns 21 de maio acercarémonos aos cines Yelmo do Centro Comercial Travesía para coñecer a figura entrañable de Copito de Nieve. Esperamos que lles guste moito aos nen@s do noso ciclo.


Un día no Tibidabo.

Antón, Antía e Cebola viaxaron a Barcelona da man de Adriana. Alí pasaron unha xornada inesquecible no parque de atraccións do Tibidabo. Viaxaron en montaña rusa e desfrutaron das fenomenais vistas da cidade.
Máis tarde foron á casa do terror pero enseguida a abandoaron porque pasaron moito medo.

Regresaron a Vigo en avión nunha viaxe moi tranquila.

lunes, 14 de mayo de 2012

Unha Tarde no hórreo.

Martín levou a Antón Antía e Cebola a Rivadavia, un fermoso concello do Ribeiro. Nesta viaxe Cebola estaba especialmente contento e non parou de dar chimpos.
 Coñeceron o río Avia que pasa por esta localidade e tiveron a intención de darse un baño nel pero estaba xeado. 



Despois de comer foron xunto dun veciño chamado Jorge e ensinoulles o hórreo da súa casa e explicoulle que servía para gardar o millo da humidade e dos ratos.
Os nosos amigos déronlle unha nova utilidade xa que aproveitaron a súa sombra para merendar prácidamente.

viernes, 11 de mayo de 2012

Actividades Excursión


As actividades son para todos os nenos as mesmas. A opción B é a alternativa se chove.




Visita ao circo.

Na viaxe desta semana Antón, Antía e Cebola van a pasar a tarde a un circo instalado na praia de Samil acompañados de Manu e Noa. Alí descubren un mundo cheo de diversión e entretemento. 
A Cebola dábanlle medo os paiasos mentras que os demais escachaban coa risa. Quedaron fascinados polo bo facer dos equilibristas e malabaristas. En definitiva foi unha xornada que quedará na súa lembranza para sempre.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Felicidades AMFIV

Este emblemático clube de baloncesto da nosa cidade está de cumpleanos. Xa son 30 anos facendo unha labor de concienciación e integración impagable.

Dende o C.E.I.P. Javier Sensat queremos desexarvos que poidades seguir outros trinta anos coa mersma saúde ainda que os problemas económicos vos fagan pasar pequenos achaques. Seguro que esta cidade vos saberá devolver todo aquelo que lle aportades desinteresadamente.
FELIDIDADES!!!!

martes, 8 de mayo de 2012

Unha xornada na casa dos avós.

Paula C. fixo que Antón, Antía e Cebola viaxaran esta semana á casa dos seus avós en Nogueira de Ramuín. Un fermoso pobo ouresán que se atopa na Ribeira Sacra. Alí os nosos amigos desfrutaron da natureza para poder xogar e facer das súas trasnadas ao mesmo tempo que acompañar aos seus avós. 




Novamente foi unha xornada para o recordo chea de diversión nun espazo natural inmellorable.

jueves, 3 de mayo de 2012

Unha Noite no Pazo Dos Escudos



Nesta viaxe tan interesante Gorka deixou moi preto de nós a Antón, Antía e Cebola.
Pasaron unha noite inesquecible no Pazo dos Escudos como premio  por gañar unha carreira de sacos.



Durmiron nuha das súas comodísimas camas e comeron nos seus impresionantes comedores. 





miércoles, 2 de mayo de 2012

A clase de Ceboliño volve a escea

O vindeiro martes día 8 de Maio de faremos a representación da nosa obra de teatro "A CLASE DE CEBOLIÑO" no teatro municipal de Vigo. O programa desta xornada será o seguinte:

10h25´C.E.I.P. Emilia pardo Bazán "Contos de Nadal"
11h10´C.-E.I.P.JAvier Sensat "A Clase de Ceboliño"
11h35´C.E.E. Saladino Cortizo "Soñamos"
11h55´C.E.I.P. Belesar "Os Super Erros"

O Aforo do teartro é amplo pero depende dos alumnos que manden os centros. Por eso non garantizan que os pais que queirades ir a ver a actuación o poidades facer.
Nos esperamos que a obra guste tanto como nas outras actuacións.,