jueves, 21 de junio de 2012

Grazas a tod@s.

Mañá é o último día de clase no Javier Sensat e gustaríame desexarvos a tod@s unhas boas vacacións de verán. 


Este desexo e sobre todo para os nenos e nenas cos que tivemos o pracer de aprender moitas cousas neste curso. Dade por suposto que neste tempo non só os nenos aprenderon, xa que as innumerables experiencias vividas tamén nos aportaron aprendizaxes de proveito aos maiores.


Como tampouco teño segura a miña continuidade no centro para o vindeiro curso, tamén quero agradecerlle aos mestres que traballan no C.E.I.P. Javier Sensat, aos pais do alumnado e a Lino o gran ambiente de traballo do que se disfruta e como se ve no día a día. Gustaríame facer especial nomeamento a Dona Mari que se xubila este ano despois de tantos anos de labor impagable.


en definitiva GRAZAS A TOD@S!!

miércoles, 6 de junio de 2012

Visita do CEE Saladino Cortizo

Mañá día 7 de Xuño os alumnos do Saladino Cortizo vannos facer desfrutar coa representación da súa obra de teatro.
Neste pequena xornada teatral a clase de 1º tamén representará a Ceboliño e compañía na despedida deste curso. 
Vai ser un día inesquecible.

Feito histórico (unha pena que non o desfrutamos)

Esta madrugada ocorreu un feito que temos que agardar 105 anos para que se repita: o Tránsito de Venus. 
Esta alineación entre o Sol, Venus e a Terra permitiu ver dende algúns paises o "paseo" de Venus fronte o Sol.

Neste video podedes ver como estes avistamentos contribúen en numerosos descubrimentos.