lunes, 29 de octubre de 2012

Trasnos que axudan

Hoxe Paula presentounos a un trasniño moi especial: o Velagulla. Os que tivemos na familia unha costureira ben sabemos que este existe e lles axudaba a recuperar as agullas perdidas.



 O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para xastres e modistas.O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas

viernes, 26 de octubre de 2012

Unha partida ás chapas?

Hoxe repasamos en galego como os xogos teñen regras e moitas veces non as dicimos ou as comentamos por que damos por suposto que as coñecemos. O xogo que nos serviu de exemplo foron as chapas e ainda que non dispoñíamos delas, con uns tapón de cartóns de leite servíronnos para xogar unhas partidiñas no patio.
Todos os mestres se sorprenderon de ver xogar aos cativ@ ás chapas e recordaron que había moito tempo que esa escea non se vivía no centro.
 


 





Gazafello "Comecastañas"

É un demo que incordia moito, encántalle gastar bromas. O Gazafellos ten pinta de coelliño, pero non nos enganemos co seu aspecto. Este trasno é capaz de correr grandes perigos con tal de acadar unhas boas castañas que come con moita ledicia.


Para escorrentalo abondaba con nomearlle ó mellor cazador de gazafellos de tódolos tempos: ¡o Bocaaberta!. Con dicir en alto o seu nome fuxirá.


Os Patachicas



                                            PATACHICAS


Non hai trasnos que máis lle amolen a vida ós veciños. Os Patachicas son unha familia: pai, nai e filla. Polo seu físico confúndense con patacas grandes.

Na última festa prendéronlle lume ós foguetes antes de tempo, asustaron tanto ós veciños que dubídase se farán a festa o próximo ano. Contaminan acústicamente o espacio ó redor deles facendo chirria-lo eixo do seu carro de madeira de toxo para presumir, carro no que van gardando tódalas farangullas que collen nas cociñas onde entran.



Adícanse a meter cizaña rexoubando coas mentiras e os disque-disque entre os bobos que lle fan caso.

No Xantar de Trasnos da noite do 31 de outubro cantan e bailan sen parar, repenican pandeiros e panderetas, e o ruido que montan resoa por todo o lugar.




Día das bibliotecas


Noraboa a todos que participastes!!













lunes, 22 de octubre de 2012

Os gañadores foron ...


Despois da intensa xornada eleitoral que vivimos o pasado venres, Podemos dicir que os gañadores con esta experiencia fumos tod@s xa que aprendimos dun xeito práctico cal é o procedemento básico dunhas eleccións.

Para este día tivemos que elexir aos candidatos, sorteamos os membros das mesas, procedimos as votacións, recontamos os votos e proclamamos aos vencedores.

En Primeiro o candidato máis votado foi Breogán e en Segundo curso foi Laura Parga.


Xa temos aos delegados de curso!!!

jueves, 18 de octubre de 2012

Dúas irmás amantes da boa cociña

Abundia
Verandia


        Abundia e Verandia

Estas meigas sempre van xuntas. Abundia ten unha voz melosa, que recorda ó reiseñor. Verandia é a fame personificada, osos e pelexos que ten unha tonalidade na voz como o repenique dun pote baleiro.
Cando as topemos podemos aproveitar para preguntarlle canta receita ou truco de cociña se nos antolle, sábennos todos.
No Magosto do Souto de Demos son as cociñeiras, e moi boas, de todo canto se come nesa festa. Coñecen os segredos da cociña galega e algún máis. Sementan no monte canta herballada usamos na cociña. 



Mañá Eleccións no Javier Sensat.

Mañá venres 19 de Outubro o primeiro ciclo de Educación Primaria teremos eleccións para escoller os delegados de cada aula. Temos 5 candidatos por curso e despois de unha semana de campaña mañá escolleremos entre eles a un só.
Nomearemos os membros da mesa electoral: un Presidente/a e dous vogais que lle darán solemnidade ao acto. Despois procederemos a votar de xeito individual e psteriormente recontaranseos votos.
Será unha xornada inesquecible!!!!

lunes, 15 de octubre de 2012

Así vai o noso traballiño

Vilagude 
Vilagude case rematada




Árbores no mural
Buximes no Souto de Trasnos





O 2º persoaxe e... VILAGUDE


Vilagude
Esta fada, vive cun demouchiño ruín, o Chapurros, que lle enche a casa de trasnos larpeiros para darlles de comer día e noite durante toda a vida. A coitadiña non para de cociñar.

O seu don é a paciencia co seu marido que todo lle rompe, estrágalle a comida, non lle vai pola leña para o pote, mételle presa para cociñar. Así e todo, ela séntese feliz cando ve a expresión de felicidade na faciana dos convidados. Devece por non ter que cociñar na casa e que a leven a comer fóra convidada.

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

jueves, 11 de octubre de 2012

Dia da hispanidade


O venres día 12 de outubro conmemoraremos o Día da Hispanidade. Nas clases falaremos de que este día lembramos a chegada de Cristobal Colón a América. Él non era consciente de onde estaba e da repercusión do "fallo" no cálculo da súa ruta.
Alí levamos animais coma os gatos, os cans, os cabalos,... e tamén a nosa lingua: O castelán. 
Pero tamén cometimos abusos dos que non debemos estar moi orgullosos.
Ao mellor podemos aprender dos erros se os coñecemos e estes non se volven repetir, xa que ao longo dos séculos foron moitas as veces que eles necesitaron de nós, pero tamén as que nós necesitamos deles.

lunes, 8 de octubre de 2012

Fotos traballo de decoración SOUTO e BUXIMES

Árbore despois de encolar
Traballo seco e recortado
 Para facer estas árbores enroscamos un montón de churros de papel de periódico que despois encolamos. 
Cando xa está un pouco seco pintamos con témpera marrón. Despois de dous días secando voltamos a encolar e xa están listos para formar parte do mural.




Buximes 
A Buximes debuxámolo moi grande en papel contínuo. O seu traxe e un collage para o que reutilizamos anacos de papel azul e verde de murais do ano pasado. Os pelos e luvas fixémolas con plastilina.

Traballando no collage





Preparando os papeis




domingo, 7 de octubre de 2012

O 1º Convidado é ... BUXIMES


Buximes

Este trasno é o máis larpeiro de cantos deambulan polas terras galegas. Sábese da súa presencia nas beiras de calquera balneario de Galicia que teña augas quentes porque alí vai coce-las castañas e repousar, aproveitando a ocasión para facerlle calquera falcatruada ós bañistas.
Buximes ten un bandullo como un saco sen fondo, no que garda toda a comida que apaña nas casas onde fai trasnadas, e cando o ten cheo se pon a xantar enriba dun carballo ou dun acivro.
No Magosto do Souto de Demos é un papalantín e hai que ter coidado de que non deixe a tódolos demais demonchiños sen poder disfrutar da panchada de castañas.


Con este primeiro convidado imos traballar esta semana facendo un collage e decorándoo. Tamén faremos traballos ubicándoo neses ríos de auga quente que temos en Galicia. Estes debuxos dos protagonistas desta lenda van decorar a planta do C.E.I.P. Javier Sensat onde se atopan as aulas de primeiro e segundo curso. Iremos colgando fotos do traballo feito.

Espéranos un ano de lendas

O lema escollido polo centro para este curso son as lendas. Por eso este venres presentámoslle aos alumn@s de 1º ciclo unha fermosa lenda con moitos seres fantásticos que forman pasrte dela. esta lenda conta que....



No  principio dos tempos todo era un caos e  escuridade. Da nada foise modelando un mundo ata conseguir o  que coñecemos  hoxe. Na terra apareceron uns seres con poderes que non tiñan os homes. Tiñan unha serie de regras a seguir para convivir en paz entre eles  e  coa Natureza, pero... algo fallou. Sucedeu que de cando en vez, veñen a visitarnos trasnos, meigas e demochiños para divertirse gastándonos bromas e falcatruadas.
Os trasnos, meigas e demochiños falan nun idioma propio: o Verbo Xido dos Arxinas pero entenden e falan o galego e máis o castelán, e o inglés (porque algúns veñen dende Irlanda).
Unha vez ao ano reúnense todos para xantar na noite da véspera de Defuntos, a noite do día 31 de outubro. Xúntanse a celebrar un Magosto ao pé do castiñeiro máis vello de Galicia, nun lugar que esa noite se chama Souto de Demos pero que o resto do ano ten de nome: Chan de Santos.
Cada trasno ou meiga leva algo de comer para compartir nesa celebración máxica na que olvidan o seu lado maligno. Por iso é a única noite na que as persoas podemos estar ó seu carón sen que nos fagan trasnadas e falcatruadas, porque só durante esa noite son bos. Meigas e trasnos levan tamén gaiteiros, para tocar unhas gaitas. Cantan e bailan sen parar, con ritmo, ¡e non desentonan!. As meigas repenican pandeiros e panderetas, e o aturuxo dos trasnos resoa por todo o lugar.
Para prender a cacharela do Magosto, arrechéganse todos os convidados e rodean o castiñeiro, chamado Rusbel de Donai, e recitan esta lenda:

O lume estaba no sol pero ninguén tiña valor para subir a traelo. Un paxariño, o paporroibo, ofreceuse a ir na procura del. O Sol advertiulle do perigo de se queimar e de morrer na viaxe, pero el, valente, emprendeu o camiño.
Cando o paporroibo tornaba co fachico no seu peteiro ardéronlle as plumas do peito e da gorxa, por iso quedoulle esa cor no papo.
Para reparar a perda das plumas os demais paxaros, agradecidos de que conseguira traer o lume, déronlle unha pluma. A curuxa foi a única que non quiso darlle unha pluma ao paporroibo, entón, os demais paxaros negáronlle o dereito a voar de día.



...E en canto rematan de recitar esta lenda, como por arte de encantamento!, ao carón do Castiñeiro aparece prendida unha cacharela que servirá para preparar as ricas castañas!.


Imos coñecer aos convidados a esta máxica noite de castañas!

Trasnos, demos, diaños,... son todos o mesmo, só se diferencian nos poderes que teñen. Os participantes nesta esmorga están relacionados coa castaña e co magosto galego.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Aqueles recordos tan entrañables

Aproveitando que hoxe escomezábamos nas clases de Coñecemento do Medio coas Unidades didácticas que teñen como temática o corpo humano. Puidemos disfrutar dun episodio sobre o esqueleto dunha serie da que eu era un fan total cando tiña 7 anos. Esta serie chámase "Érase una vez... el cuerpo humano".
Aprendimos un montón con esta entretida historia e penso que imos a disfrutar de máis capítulos este ano.