viernes, 22 de febrero de 2013

VIGO (Novo proxecto didáctico do ciclo)

Hoxe escomenzamos unha nova aventura de coñecementos no C.EI,P. Javier Sensat. 
A nosa cidade vainos a servir como fonte de inspiración no noso traballo diario nas aulas.
Por esta razón tivemos que achegar recortes vermellos para confeccionar a bandeira da cidade.






Coloreamos con tempera o escudo onde locen o castelo e o olivo e tamén fixemos un cartel ben chulo co nome da cidade.




Para a semana próxima imos a confeccionar un gran mural no que aparecerán os monumentos máis importantes de Vigo. Por eso imos ter que buscar fotografías, recortes de prensa, ... nos que aparezan os monumentos e incluso podemos traer fotos nas que aparezamos nos en eses lugares.


Vai quedar ben lucido o noso traballiño!!

O reto das filloas

O dito de que os alumn@s nos poñen a proba aos mestres é moi certo. Esta semana, visto que descoñecíamos esta sobremesa do Entroido, tiven a ousadía de atreverme a facer por primeira vez na miña vida filloas para todos. O seu traballiño me deron pero quedou a satisfación de que a todos lles gustaron.

MENUDA LAMBONADA!!!!!

As maracas de Entroido

Para o desfile do 8 de febreiro que serviu para celebrar o Entroido No C.E.I.P. Javier Senat, o alumnado do primeiro ciclo construimos e decoramos unhas maracas para facer moito ruído no pasarrúas.
O primeiro foi xuntar os botes de iogur bebible e despois decorámolos con aeronfix, gomets e lazo.


 


Coas nosas maracas cantamos a canción do Trasno do CD de Pablo Díaz "Tic Tac"