viernes, 30 de noviembre de 2012

Aunios

                                                                                                          Aunios




Vive na illa de Ons. Aunios non naceu diaño. Un mago moi poderoso enfeitizouno e convertiuno en trasno por envexa.

El non para de comer figos, e chuchar as polas desta froiteira procurando unha pócema que o salve do feitizo.

Ningún veciño sabe cantos séculos leva vivindo na illa. Ninguén puido falar nunca con el para saber que comidas lle gostan, pero sábese que se enche con zonchos (castañas cocidas coa casca)

En setembro pousa o seu corpo miúdo na proa dunha dorna que o leve ata Marín ou Bueu, e se non hai vento sopla el nas velas para chegar antes. Comeza entón a súa viaxe cara a terra do souto onde vive o castiñeiro Rusbel de Donai para toparse con canto diaño ou meiga quedan en Galicia.



Como cada trasno ten que levar algo para a comida. Aunios leva dende Ons o mellor polbo do mundo e tamén vieiras.



Cirno

                                                                                                       Cirno




Ten a habilidade de cortar moi ben os alimentos. É tan pequeno que corta as castañas frescas en cachiños para comelas cociñadas de mil xeitos diferentes. Cando nos esfolamos unha castaña para partila e comela non se ve

¡E podemos tragalo sen enterarnos!.



Cirno coñece todas as maneiras de cociñar as castañas e por iso no Xantar de Trasnos é o encargado de asar as castañas que os invitados van a degustar.

Prepáraas dende a vístera deixándoas a secar e se asen mellor, márcaas cun coitelo especial que herdou dos seus antergos e colócaas moi suavemente na grella para que se asen.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Inzo

Inzo



O pequeniño Inzo é moi larpeiro. Ten o poder de se transformar en ovo. Durme entre a palla do poñedoiro, e cando a galiña pon un ovo escáchallo enseguidiña para despois recompoñer os anacos da casca tentando enganar á galiña. Cando está farto vai descansar nas follas verdes das prantas.

Para collelo hai que esperar a que teña forma de ovo, entrar no galiñeiro e dicirlle:

¡Adivíñama Inzo!

Cucurico ten casa encalada,

sen poxigo nen ventá.

Cucurico non ten ollos, cu nin bico,

e os fillos de Cucurico, teñen ollos, cu e
 ¿Quen é?

O pobre trasno non se decata que a resposta é o ovo, ponse a cavilar no asunto ata un ano, tempo dabondo para collelo e envialo nun paquete por correo a calquera país onde non existan galiñas

TITIRICIRCUS

O venres 23 de novembro os alumn@s de primeiro ciclo asistimos a unha representación de títeres no teatro de Novacaixagalicia. Desfrutamos moito da obra Titiricircus a cargo de Tanxarina Teatro.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Este é un pouco demochiño


CACHAFEIRO
É pequeno, peludo como un rato e máis feo co demo. Non fala máis que o Verbo Xido dos Arxinas, e cando bufa conxela todo canto hai no universo. Coas folerpas fai esculturas e cristais de auga perfectos, ¡case diamantes!. Conxela as castañas co seu bafo para ir coméndoas nos meses que non vai frío. E Polo verán acóchase da calor no frío máis fondo da terra.

A broma favorita do Cachafeiro é facer que os convidados ao Magosto coman catañas conxeladas. Así cando as meten na boca todos quedan cunha extrana sensación mentras Cachafeiro escaha coa risa.
No Xantar de Trasnos do Souto de Demos é o encargado de apagar o lume do Magosto ó remate para que non prenda ata o ano seguinte.

A contacontos da Historia

                                                                                                            AVELAÍÑA
É unha fada con poderes que sempre anda remexendo nos libros da casa ou nas bibliotecas, todo sorrisos e ledicia. Devece por lelo todo, e pasa moito tempo escribindo contos e historias de tódolos demochiños que coñece, sempre na língua do Verbo Xido, ou en galego, aínda que saiba calquera idioma.

Avelaíña é portadora do libro Segredos e Sabeduría da Natureza, o cal lle permite aconsellar a calquera de nós que ela vexa que necesita axuda.

Do tamaño dunha rula, só se nos aparece unha vez na vida, ¡ata tres en casos moi extremos!, para darnos a inspiración que necesitamos.

De non ser quen é, gustaríalle converterse en contacontos e escritora.

Goza comendo lambetadas como os ovos de chocolate cunha figuriña de puré de castaña dentro, o marrón glacé, as bolechas de fariña de castaña, ou a mousse de castañas.

No Magosto do Souto de Demos Avelaíña encárgase de tomar nota de quenes foron, que traballos fixeron, que comeron, apunta as suxerencias para outros anos e reparte para todos unha folla na que escribeu o acontecer desa noite do Xantar de Trasnos; é a cronista oficial do que acontece nesa noite máxica.

Avelaíña escribe cunha tinta fosforescente como a luz do vagalume, coa peculiaridade de que cando o papel escrito con esta tinta non o temos nas mans as letras fanse invisibles.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Obradoiro de papel reciclado

O xoves día oito na clase de segundo de primaria tivemos un obradoiro para aprender a facer papel reciclado.
Ás doce chegou Marcelo cos seus aparellos para levar a cabo esta clase maxistral organizada polo concello. Primeiro collimos auga, esfaragullamos os periódicos e coa pequena axuda dunha batedora Marcelo acabou de facer a pasta.





 A tamizadora sacoulle moita auga a esta pasta pero ainda así tivemos que prensala para eliminar os excedentes que poderían estropear o papel.

















Na clase temos dúas mostras a secar que nos próximos días empregaremos para decoralos.

Marcelo rematou a xornada lembrándonos que para que o noso planeta sexa sostible temos  que ter xestos como reciclar que a día de hoxe se fan imprescindibles.


Pasámolo moi ben e aprendimos un montón!!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Unha xornada terrorífica

 O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio. Puidemos vir disfrazados cos traxes máis terroríficos ( e de verdade que os houbo) e tamén elegantes que tiñamos na nosas casas. 

 
A xornada festiva escomezou cun Conxuro Máxico e Terrorífico que fixeron os alumn@s de sexto curso. A pócema que elaboraron estaba moi boa.

Despois vimos a película "Jaco el lobo" 

Pasámolo Fenomenal!!!