lunes, 26 de marzo de 2012

Un Día no Aquapark.

David fixo viaxar aos nosos amigos ata un aquapark. Seguro que se se quedaron en Galicia foron ao de Cerceda que é impresionante.
Alí xogaron nos tobogáns e piscinas. Cando voltaron a casa estaban rendidiños tras unha xornada chea de troula.

Viaxe en submarino

Lucas  contounos que esta semana Antón, Antía e Cebola escomezárona facendo unha viaxe inesquecible en submarino na que conseguiron ver polbos e cigalas. Cebola tiña un pouco de medo sobre todo ao ver as quenllas. Ao igual que nós en Naturnova seguro que tiveron que madrugar bastante pero pasárono fenomenal. 

viernes, 23 de marzo de 2012

NATURNOVA






DE VIAXE POLO ESPACIO E POLO FONDO DA RÍA!!!!!!!!!!!!!!!

HALA CELTAAAAAA!!!!!!!!!!!!!!!!!!



O mércores 21 de marzo visitounos, nada máis e nada menos, SERGIO o gardameta do  CELTA !!!!!!!!!!! Viñemos á escola coas camisetas, bufandas, bonecos........do equipo da nosa cidade !! Recíbimolo cantando o himno e  firmounos autógrafos, sacou fotos con nós.........Disfrutamos todos, incluso  os mestres como podedes ver nas fotos que deixamos aqui para o recordo.

jueves, 22 de marzo de 2012

Visita a Naturnova

Cadro de Lugrís que nos presentaron na actividade
Hoxe tivemos a saída a aula interactiva Naturnova. .O autobús recolleunos ás nove e cuarto porque tiñamos que estar ás dez para empezar coas actividades.
Ao chegar dividíronnos en dous grupos aínda que acabamos facendo as mesmas actividades.
Fixemos un taller de arte plástico no que nos presentaron varios cadros nos que o protagonista sempre era o mar. Eran fermosísimos.
Coa inspiración destes cadros fixemos unhas brúxulas que nós decoramos.
A outra parte da visita foi a Aula Naturnova. Alí fixemos unha viaxe en 3D pola ría de Vigo. Foi Impresionate!
Vista xeral da entrada a Naturnova
Despois visitamos un espazo no que o protagonista era o universo. Alí había ordenadores e pantallas xigantes que nos levaban polo espazo. Puidemos obter moita información dos Planetas e moi especialmente da Terra.
Na terceira habitación a protagonista era a auga. Foi ideal porque hoxe é o Día internacional da Auga e alí ensináronnos que a auga ten tres estados e é vital para os seres vivos. Tamén estaba chea de xogos e Incluso unha representación do ciclo da auga e dun ciclón.
A última habitación era a da contaminación. Alí puidemos ver como nos condiciona e do importante que é que a afastemos das nosas vidas.
Aprendimos unha morea de cousas!!

Unha xornada inesquecible.

Hoxe fixemos a nosa representación "a clase de Ceboliño" no C.E.E. Saladino Cortizo. Á primeira hora recollimos a roupa que necesitamos para a actuación e o decorado. O autobús recolleunos ás dez menos cuarto e tras colocarnos e poñernos os cinturóns de seguridade, saímos ansiosos cara o Saladino Cortizo. A viaxe durou 20 minutos e unha vez alí recibíronnos con globos e carteis da nosa representación.
Sofía ensinounos o colexio e o salón de actos onde un pouco máis tarde actuaríamos. Vimos que ademais das aulas tamén teñen talleres de carpintería, peluquería, cociña, era impresionante.
A actuación saíunos fenomenal e ao final cantamos a canción "Pequenió é" para celebrar a chegada da primavera. Pensamos que lles gustou moito porque nos apolaudiron un montón.
Cando rematamos déronnos uns diplomas e unha axenda feita por eles, tamén nos deron un bizcoito riquísimo e zume de laranxa.
No recreo xogamos todos xuntos nun patio enorme que teñen.
Ás 12 despedímonos e voltamos para o Javier Sensat, dentro duns días viran eles e esperamos ser tan bos anfitrións como eles o foron.

viernes, 16 de marzo de 2012

EQUIPO DE BALONCESTO ANFIV







El miércoles fué un día fantástico.Estuvimos en el pabellón del Carmen, con los jugadores de la máxima categoría del equipo  de baloncesto ANFIV. Es impresionante lo bien que juegan.....y lo más guay...nos dejaron tirar a canasta, nos prestaron sus sillas de ruedas.......UNA EXPERIENCIA INOLVIDABLE!!!!!!!!!!!

miércoles, 14 de marzo de 2012

Grandes Xogadores




















Hoxe tivemos unha xornada ineteresantísima no cole. Fumos a ver un adestramento do AMFIV, Equipo de baloncesto en cadeira de rodas da máxima categoría nacional. Alí coñecimos a estes xogadores da plantilla: Morteza, que é iraní e non falaba moito castelán, Rida, que é marroquí, Txema Avendaño, do País Vasco, Santi Comesaña e Julio Vilas de Vigo.
Fixéronnos unha demostración de como xogan eles ao baloncesto e despois deixáronnos probar as cadeiras da escola para tirar a encestar. É moi moi difícil e é admirable como o fan eles de sinxelo.
Puidémoslles facer moitas preguntas sobre as regras do xogo pero tamén sobre as súas vidas.
Rida contounos que lle falta unha perna porque cando era perqueno o atropelou un camión ao escaparlle a súa nai.
Txema naceu sen un óso na súa perna e Santi tivo unha lesión medular ao caer dun andamio.
Quedamos abraiados polo seu afán de superación e de atoparnos unha realidade que ás veces nos parece moi lonxana e de verdadde que non o está.
Dende hoxe o Amfiv ten 250 seguidores máis.
MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

martes, 13 de marzo de 2012

A noticia de 1º é...

Escollemos o cambio de hora para facer a nosa noticia. É unha cuestión moi importante e non nos podemos esquecer porque o luns chegaríamos tarde a clase. Fixemos de reporteiros e fumos polas clases para obter información, despois redactamos a noticia e este foi o resultado.

Un día na Hípica

Despois das xornadas de festa en Baiona, Jairo contounos que os nosos amigos foron desfrutar de un día na hípica.
Antón desfrutou vendo saltar estes fermosos animais, Antía puido montar nos ponis e como non Cebola tivo que facer unha trasnada e enganchouse na cola dun cabalo.
Ao finalizar o día deixáronlles tocar os cabalos imporsionantes que había na hípica, merendaron e marcharon para a casa a descansar, nos esperamos a coñecer cal será a vindeira aventura.

Que ben o pasaron na Arribada.

Da man de Iago Araújo os protagonistas do noso libro foron a parsar unhas xornadas inesquecibles á Arribada en Baiona, É unha festa impresionante que este ano conmemorou o 519 aniversario da chegada da caravela A Pinta coa noticia do descubrimento de América.


Nesta festa Antón, Antía e Cebola viron moreas de cabaleiros, mercaron arcos, xogaron cos seus amigos na praia e seguro que tamén comeron algunha das lambonadas que se vendían nos moitos postos que alí había. Como non puido ser de outra maneira, pasárono fenomenal. Están desexando que chegue o ano que ven para poder voltar a Arribada. 

lunes, 12 de marzo de 2012

Data 1º representación

Como xa sabedes na clase de primeiro estamos enrolados no Teatro Intercentros. Xa fixemos a primera representación no noso colexio no festival de Nadal e agora xa sabemos cal é a data da representación que imos facer no C.E.E. Saladino Cortizo. Vai a ser o mércores 21 de marzo ás 11 da mañá. 
Esperamos que nos saia tan ben coma en Nadal e todos os que nos vexades disfrutedes desta simpática obra de teatro.


Moitas grazas ao meu irmán Óscar polo deseño dos carteis.

jueves, 8 de marzo de 2012

Día da Internacional muller.

Hoxe día 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller. En clase estivemos reflexionando sobre os avances que as mulleres tiveron na consecución de dereitos e do camiño que aínda queda por percorrer xa que en todos os paises non están acadados. Non nos estrana que unha muller traballe e non só teña a posibilidade traballar no seu fogar (que tamén é un traballo enorme e importantísimo e que non está nada recoñecido), pero escápasenos que por exemplo moitas mulleres non teñen o mesmo salario que homes que desempeñan o mesmo traballo.
Pensamos que todos os días nos temos que lembrar de estas inxusatizas para que non se repitan e todos avancemos.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Semana da prensa




A vindedeira semana imos a conmemorar no CEIP Javier Sensat a Semana da prensa. A proposta que se fixo foi a de crear o noso propio xornal e nel cada curso disporá dun espazo para a súa noticia.





Os nen@s de primeiro empezamos hoxe coa elección da noticia e a recollida de información. A noticia de máis relevancia que atopamos foi o CAMBIO HORARIO e tamén fixemos de intrépidos reporteiros para coñecer: Cando se vai a producir, Como se cambian as horas, por que se cambia a hora,...

Atopamos a colaboración das clases as que fomos a preguntar e coa información obtida redactamos a nosa noticia.

Para ver os resultados tedes que agardar a semana que ben.

lunes, 5 de marzo de 2012

De visita ao oceanario




Neste capítulo tan ben escrito por Raúl, os nosos amigos viaxan ata Lisboa (Portugal) para visitar o seu Oceanario. Alí coñecen a Vasco, que é a súa mascota e quen lles ensina toda a instalación. Vasco fálalles en Portugués e Antón e Antía non teñen problema en entendelo xa que se asemella moito ao galego. Alí aprenden unha morea de cousas sobre os mares e océanos e quenes viven neles.
Vasco advirtelle a Cebola que teña moito coidado cos peixes e que non se lle ocorra comer ningún, xa que no medio do Oceanario hai un estanque enorme con quenllas e sería capaz de tiralo nel.


Peixe Lúa
Peixe Unicornio
Estes foron os peixes que máis lles gustaron:
Dragón Mariño

Deulles moita pena despedirse pero seguro que pronto voltarán a verse.

jueves, 1 de marzo de 2012

Gran partido de fútbol




Gael escribiu un novo capítulo do noso exitoso libro. Nel os protagonistas disputan un apaixoante partido de fútbol onde, como non podía ser de outra maneira, gañan por un apretado 5 a 4.
Despois deste encontro no cumio, vanse todos a celebralo á casa de Antón, Antía e Cebola e alí comen unhas filloas con chocolate. Unha comida de Galácticos!!