miércoles, 29 de febrero de 2012

AXUDA!!



Dende hai uns días estamos recollendo nas clases do primeiro ciclo tapóns de plástico para unha boa causa. Se reciclar xa merece un premio, neste caso é moitísimo máis importante xa que podemos axudar a unha nena da nosa cidade, Chámase SHEILA e necesita ser operada en Barcelona, por iso a súa familia necesita canta axuda sexa posible.

Pedímosvos que colaboredes con nós mandando ao colexio os tapóns de botellas de auga, suavizante, aceite, ... Ou que sexades vos mesmos os que os recollades e llos fagades chegar na seguinte dirección. 


       C/ VENEZUELA, 29 P. 2 - 
AVISAR ANTES AL TEL 986135450

Asi vai a nosa recolección.



SEGURO QUE COA AXUDA DE TODOS SHEILA PODA TER UNHA MELLOR CALIDADE DE VIDA. MOITAS GRAZAS

Unha Saída moi Ilusionate


O vindeiro XOVES 22 DE MARZO temos programada unha saída para to@s os alumn@s do primeiro ciclo de Primaria. Iremos a NATURNOVA unha aula interactiva de Educación Medioambiental.

Faremos unha viaxe polos nosos mares onde arte e medioambiente nos conducen a través dun itinerario cheo de maxia, imaxinación e coñecementos divertidísimos. Vai a ser unha meneira moi atractiva de poñer en practica os coñecementos de clase.


Viaxaremos nun submarino polas profundidades da nosa ría e coñeceremos que animais viven alí. Estamos seguros de que nos vai a encantar.



O precio desta actividade é de 4,50 €. Inclúen os gastos de autobús (3€) e o que Novacaixagalicia cobra por esta actividade dende que se fusionou (1,50€).

lunes, 27 de febrero de 2012

De vacacións na neve

Esta semana Íñigo levou aos persoaxes do noso libro e esquiar. Baixaron por pistas de diferentes dificultades e Íñigo explicounos que por esa razón hai pistas de cores, non porque pinten a neve.
Despois fixeron un enorme boneco de neve e bañáronse nunha piscina moi especial xa que dende ela víanse as estrelas.
Como non podía ser doutra maneira remataron a xornada moi cansos e durmindo pracidamente pensando que eran os mellores esquiadores do mundo.

viernes, 24 de febrero de 2012

Unha Pantalla no colexio!!

Hoxe tivemos a sorte no Javier Sensat de que nos visitara unha das persoaxes máis entrañables do entroido de Xinzo de Limia: UNHA PANTALLA. Asustounos a tod@s e reprendeunos por non ir disfrazados ainda que nos lle tivemos que dicir que o Entroido xa rematou. Pero teremos moi en conta que se imos por Xinzo no Entroido o que non vai disfrazado terá que convidar a viño.




Peliqueiro
Ademais das Pantallas hai outros persoaxes no Entroido Ourensán que se asemellán ainda que non podemos confundir (A eles amólaos un montón).
Cigarrón

jueves, 23 de febrero de 2012

Perdido no olivar.


No viaxe que fixeron Antón, Antía e Cebola esta semana andiveron por terras andaluzas, concretamente por Xaén. Alí recolleron olivas e Zoe explica moi ben cal e o sinxelo pero laborioso proceso de recolección deste apreciado producto. Sabedes que lle pasou a Cebola ...? Pois coma sempre unha das súas. Acabou perdido no olivar xa que todo lle parecía o mesmo sitio. Menos mal que atopou quen o levara a casa da tía Carme e alí puido repoñer forzas tomando pan con aceite. Igualiño que o Sacristán de Coimbra. ATA O VINDEIRO VIAXE.

Acordádesvos dos nosos Feixóns?

Hai uns días preparamos un sinxelo experimento cuns feixóns para saber como influía no seu crecemento a luz. Puxémolos nun vaso transparente e metímolos nunha caixa a que lle fixemos un burato.












Hoxe comprobamos que dos feixóns naceron plantas e que estas medraron cara a luz.
A verdade e que quedamos impresionados co resultado e do ben que se aprecia o crecemento das plantas.

jueves, 16 de febrero de 2012

Xa é Entroido Para Antón, Antía e Cebola



Na historia que nos contou Laura P. os protagonistas do noso libro viaxan hasta a "cidade da Muralla", Estou falando de Lugo, unha cidade fermosa na que os nosos amigos se disfrazan e tras un maravilloso paseo pola súa muralla, van comer un cocido coa familia. Repolo, polo, garvanzos, chourizo,... Menuda enchenta!! e de postre... orellas, filloas umm Que rico!!
Pero como sempre, Cebola fai unha trasnada das súas e a sopa do cocido acaba sobre o seu corpo e estropéalle o seu disfraz. Menudo artista este "lindo gatiño"!!

miércoles, 15 de febrero de 2012

Xa temos os disfraces!!



Este venres dá 17 imos celebrar o desfile de entroido no cole. Os nosos disfraces xa comezan a ter forma e estamos moi contentos porque pouco a pouco os fomos facendo nós. Temos que darlle as grazas aos profes polos números, a Conchi por cortar tan ben as nosas camisolas, e ás mamis e papis polos recortes máis difíciles. Ímolo pasar fenomenal!

esperámosvos a tod@s.

Menos mal que ian ver ao primo

A historia que nos contou Óscar é bastante difícil de crer. Os nosos amigos foron ao Zoo a ver aos primos de Cebola: os tigres e os leóns.



Nesta visita tan familiar, non vos podedes imaxinar onde acabou Cebola. Pois mantivo unha breve pero intensa xuntanza cos leóns,pero cos leóns mariños. Menudo susto pasou!. Cosnseguiu sair de ali pero cun susto de morte.

martes, 14 de febrero de 2012

"Don Bombin"

Los alumnos/as de segundo comenzamos la elaboración de un cuento titulado "Don Bombín". La idea surgió del padre de Roi que nos guió en toda esta maravillosa actividad.





lunes, 13 de febrero de 2012

Unha mañá cos vermes de seda

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Explicáronnos o proceso da elaboración da seda que se obten dos vermes. María Xosé contounos como nacen, de que se alimentan e o delicados que son estes animaliños.


Ao mesmo tempo Albino estaba sacando a seda dos casulos que recollía nunha máquina moi curiosa.








 



Para rematar esta interesante visita tamén nos contaron como a seda foi descuberta na China hai uns 5000 anos e como foron capaces de gardar o segredo durante case 2000 anos.

PASÁMOLO MOI BEN!!!

viernes, 10 de febrero de 2012

E ao final tan amigos





Aqui tedes unha viñeta que nos serviu de inspiración para reflexionar, dende un punto de vista cómico, sobre ata onde pode chegar o mal que nos coidamos os nosos montes.

Primeiro Paula Lorenzo contounos o conto de Carapuchiña Vermella e ao lembrar a historia fixemos uns fermosos debuxos de como nos imaxinábamos nos aos persoaxes da historia e o monte onde transcorre.

Despois observamos e limos esta viñeta que serviu para escomezar un intenso debate sobre como se chega a esa situación: incendios, talas indriscriminadas, o lixo que se tira de maneira descontrolada. Houbo queixas moi cheas de razón.











Tamén nos fixamos en como Carapuchiña e o Lobo xa non son inimigos e móstranse moi unidos ante unha desgracia común. Xa non hai bos nin malos!!
Qué vos parece?

Que ocorrerá?

 
Hoxe puxemos en marcha un sinxelo experimento pero cremos que útil para coñecer a importancia da luz solar no desenrolo das plantas.










 Nun vaso transparente colocamos algodón e un feixón que despois regamos con auga. De aquí nacerá unha planta pero nós coclocamos o vaso dentro dunha caixa escura que ten un burato por onde entrará luz e osíxeno. Que ocorreerá coa nosa planta? En vindeiros días irémosvos contando. Podedes deixar aquí as vosas imprensións

jueves, 9 de febrero de 2012

Onde atopamos o Baobab?

Na lectura de hoxe coñecimos o baobab ou tamén chamado "árbore botella".














Poderíamolo ver se estivéramos en África ou Oceanía. Como non tiñamos onde poder consultar en clase onde se atopan estes continentes, aqui tamén tedes os seus mapas.
                                              

Outra semana máis

Mirade como están de fermosas estas ceboliñas xa non collen na estantería e cambiámolas para que tiveran máis espazo. Falaremos co profe Manuel para saber cando toca trasplantalas. De seguro que con sete frío temos que esperar.

Hoxe van ao teatro

Lía escribiu un fermoso episodio no cal Antón e Antía van ao teatro por primeira vez. Ao seu gato lambón téñeno que deixar na casa xa que a estes espectáculos non soen ir as mascotas. Como pensades que o pasaron?

miércoles, 8 de febrero de 2012

Que viaxes tan divertidos!!

Os nosos amigos xa fixeron os seus dous primeiros viaxes e dende logo que foron ben interesantes.

Jaime contounos que estiveron nas Illas Cíes e alí pasaron unha xornada de diversión e entretemento xogando nas mellores praias do mundo. Puxeron a voar a súa imaxinación ata que os sorprendeu a serea do barco.





Na viaxe que nos contou Andrea, os nosos amigos quedaron moito máis preto xa que transcorre no parque de Bouzas, e é ahí onde Cebola tras unha enchenta de hamburguesas obriga a ter que recollerse tras un mal incidente.






QUE SIGA A NOSA AVENTURA COMO ESCRITORES!!
ESTAMOS FACENDO UN LIBRO MOI FERMOSO