viernes, 21 de septiembre de 2012

A receita do Profe

Hoxe na miña casa demos boa conta da nosa da cebola do Javier Sensat. 









Esta ceboliña saída da terra foi un dos ingredientes desta ensalada na que tamén engadín: leituga, tomates, mazá e aceitunas.






ESTABA DELICIOSA!!!





Animádevos coas vosas receitas, queremos saber como acabaron esas ceboliñas.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

As ceboliñas xa son cebolazas

Lembrádesvos das nosas cebolas? e do ben que madraban...


Hoxe repartimos todas as cebolas que sementamos alá polo mes de maio e mirade que fermosas nos sairon.







Gustaríame que me enviárades ao meu mail (porto_vazquez@yahoo.es) algunha foto das receitas que elaboredes con elas cunha pequena explicación da mesma. Sería interesante que as fotos reflictiran os diferentes momentos desta elaboración para poder observar os cambios que sufren os productos antes do resultado final.
Agradézovos a vosa colaboración e irei poñendo no blogue as receitas según me vaian chegando.

martes, 11 de septiembre de 2012

Ola a tod@s

Escomezamos un novo curso e en nome de todo o profesorado do C.E.I.P. Javier Sensat queremos darvos a benvida e animarvos a seguir visitando o noso blogue.
Espéranos un ano ilusionante e cheo de novos coñecementos.