miércoles, 19 de diciembre de 2012

Reunión nais e pais 2º Primaria

Estimadas familias:


O vindeiro martes 8 de xaneiro ás 4 da tarde teremos unha reunión na aula de segundo de primaria para falar das actividades previstas para o segundo trimestre e de cómo vai transcorrendo o curso ata o de agora.

Aproveito tamén para transmitirvos os meus mellores desexos para o 2013 e que disfrutedes moito do Nadal.

Eloy Porto Vázquez.



A actividade do Pirata Park farémola no segundo trimeste.



viernes, 14 de diciembre de 2012

Festival de nadal

O vindeiro venres 21 de Decembro ímonos de vacacións de Nadal e tamén celebraremos o Festival que como cada ano por estas datas con tanto agarimo preparamos.
A clase de 2º de Primaria imos a cantar esta fermosa panxoliña chamada " Pelo Roxiño" que está recollida no CD "Quiquiriquí" e na que canta Mini ( un dos fundadores de Fuxan os Ventos e A Quenlla) acompañado da charanga Fiadeiro.

Esperemos que vos guste!!!.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Sementeira de allos

Hoxe ben cediño fixemos no cole unha sementeira de allos.
Lino e Manuel repartíronnos dous dentes de allo a cada un.



Despois colocámolos no rego para que os cubrisen coa terra.















Agora só temos que esperar a que medren para poder degustalos!!!!.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe día 10 de decembro celebramos esta data importante na que tal día coma hoxe no ano 1948 se aprobou  a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que supuxo a definición dos dereitos individuais e colectivos como universais.

Nós quedámonos con este para a súa análise e comprovar se se cumpre: (a sorpresa e que vemos día a día que se segue vulnerando)

Toda persona tiene derecho a un nivel de vida adecuado que le asegure, así como a su familia, la salud, el bienestar, y en especial la alimentación, el vestido, la vivienda, la asistencia médica [...]





Estrelas de Nadal

A semana pasada estivemos decorando o corredor onde se atopan as aulas do noso ciclo. Todos os nenos achegaron uns tetra briks de leite que nos aproveitamos para reutilizalos facendo estas fermosas estrelas.

viernes, 30 de noviembre de 2012

Aunios

                                                                                                          Aunios




Vive na illa de Ons. Aunios non naceu diaño. Un mago moi poderoso enfeitizouno e convertiuno en trasno por envexa.

El non para de comer figos, e chuchar as polas desta froiteira procurando unha pócema que o salve do feitizo.

Ningún veciño sabe cantos séculos leva vivindo na illa. Ninguén puido falar nunca con el para saber que comidas lle gostan, pero sábese que se enche con zonchos (castañas cocidas coa casca)

En setembro pousa o seu corpo miúdo na proa dunha dorna que o leve ata Marín ou Bueu, e se non hai vento sopla el nas velas para chegar antes. Comeza entón a súa viaxe cara a terra do souto onde vive o castiñeiro Rusbel de Donai para toparse con canto diaño ou meiga quedan en Galicia.



Como cada trasno ten que levar algo para a comida. Aunios leva dende Ons o mellor polbo do mundo e tamén vieiras.



Cirno

                                                                                                       Cirno




Ten a habilidade de cortar moi ben os alimentos. É tan pequeno que corta as castañas frescas en cachiños para comelas cociñadas de mil xeitos diferentes. Cando nos esfolamos unha castaña para partila e comela non se ve

¡E podemos tragalo sen enterarnos!.



Cirno coñece todas as maneiras de cociñar as castañas e por iso no Xantar de Trasnos é o encargado de asar as castañas que os invitados van a degustar.

Prepáraas dende a vístera deixándoas a secar e se asen mellor, márcaas cun coitelo especial que herdou dos seus antergos e colócaas moi suavemente na grella para que se asen.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Inzo

Inzo



O pequeniño Inzo é moi larpeiro. Ten o poder de se transformar en ovo. Durme entre a palla do poñedoiro, e cando a galiña pon un ovo escáchallo enseguidiña para despois recompoñer os anacos da casca tentando enganar á galiña. Cando está farto vai descansar nas follas verdes das prantas.

Para collelo hai que esperar a que teña forma de ovo, entrar no galiñeiro e dicirlle:

¡Adivíñama Inzo!

Cucurico ten casa encalada,

sen poxigo nen ventá.

Cucurico non ten ollos, cu nin bico,

e os fillos de Cucurico, teñen ollos, cu e
 ¿Quen é?

O pobre trasno non se decata que a resposta é o ovo, ponse a cavilar no asunto ata un ano, tempo dabondo para collelo e envialo nun paquete por correo a calquera país onde non existan galiñas

TITIRICIRCUS

O venres 23 de novembro os alumn@s de primeiro ciclo asistimos a unha representación de títeres no teatro de Novacaixagalicia. Desfrutamos moito da obra Titiricircus a cargo de Tanxarina Teatro.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Este é un pouco demochiño


CACHAFEIRO
É pequeno, peludo como un rato e máis feo co demo. Non fala máis que o Verbo Xido dos Arxinas, e cando bufa conxela todo canto hai no universo. Coas folerpas fai esculturas e cristais de auga perfectos, ¡case diamantes!. Conxela as castañas co seu bafo para ir coméndoas nos meses que non vai frío. E Polo verán acóchase da calor no frío máis fondo da terra.

A broma favorita do Cachafeiro é facer que os convidados ao Magosto coman catañas conxeladas. Así cando as meten na boca todos quedan cunha extrana sensación mentras Cachafeiro escaha coa risa.
No Xantar de Trasnos do Souto de Demos é o encargado de apagar o lume do Magosto ó remate para que non prenda ata o ano seguinte.

A contacontos da Historia

                                                                                                            AVELAÍÑA
É unha fada con poderes que sempre anda remexendo nos libros da casa ou nas bibliotecas, todo sorrisos e ledicia. Devece por lelo todo, e pasa moito tempo escribindo contos e historias de tódolos demochiños que coñece, sempre na língua do Verbo Xido, ou en galego, aínda que saiba calquera idioma.

Avelaíña é portadora do libro Segredos e Sabeduría da Natureza, o cal lle permite aconsellar a calquera de nós que ela vexa que necesita axuda.

Do tamaño dunha rula, só se nos aparece unha vez na vida, ¡ata tres en casos moi extremos!, para darnos a inspiración que necesitamos.

De non ser quen é, gustaríalle converterse en contacontos e escritora.

Goza comendo lambetadas como os ovos de chocolate cunha figuriña de puré de castaña dentro, o marrón glacé, as bolechas de fariña de castaña, ou a mousse de castañas.

No Magosto do Souto de Demos Avelaíña encárgase de tomar nota de quenes foron, que traballos fixeron, que comeron, apunta as suxerencias para outros anos e reparte para todos unha folla na que escribeu o acontecer desa noite do Xantar de Trasnos; é a cronista oficial do que acontece nesa noite máxica.

Avelaíña escribe cunha tinta fosforescente como a luz do vagalume, coa peculiaridade de que cando o papel escrito con esta tinta non o temos nas mans as letras fanse invisibles.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Obradoiro de papel reciclado

O xoves día oito na clase de segundo de primaria tivemos un obradoiro para aprender a facer papel reciclado.
Ás doce chegou Marcelo cos seus aparellos para levar a cabo esta clase maxistral organizada polo concello. Primeiro collimos auga, esfaragullamos os periódicos e coa pequena axuda dunha batedora Marcelo acabou de facer a pasta.





 A tamizadora sacoulle moita auga a esta pasta pero ainda así tivemos que prensala para eliminar os excedentes que poderían estropear o papel.

















Na clase temos dúas mostras a secar que nos próximos días empregaremos para decoralos.

Marcelo rematou a xornada lembrándonos que para que o noso planeta sexa sostible temos  que ter xestos como reciclar que a día de hoxe se fan imprescindibles.


Pasámolo moi ben e aprendimos un montón!!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Unha xornada terrorífica

 O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio. Puidemos vir disfrazados cos traxes máis terroríficos ( e de verdade que os houbo) e tamén elegantes que tiñamos na nosas casas. 

 
A xornada festiva escomezou cun Conxuro Máxico e Terrorífico que fixeron os alumn@s de sexto curso. A pócema que elaboraron estaba moi boa.

Despois vimos a película "Jaco el lobo" 

Pasámolo Fenomenal!!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Trasnos que axudan

Hoxe Paula presentounos a un trasniño moi especial: o Velagulla. Os que tivemos na familia unha costureira ben sabemos que este existe e lles axudaba a recuperar as agullas perdidas.



 O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para xastres e modistas.O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas

viernes, 26 de octubre de 2012

Unha partida ás chapas?

Hoxe repasamos en galego como os xogos teñen regras e moitas veces non as dicimos ou as comentamos por que damos por suposto que as coñecemos. O xogo que nos serviu de exemplo foron as chapas e ainda que non dispoñíamos delas, con uns tapón de cartóns de leite servíronnos para xogar unhas partidiñas no patio.
Todos os mestres se sorprenderon de ver xogar aos cativ@ ás chapas e recordaron que había moito tempo que esa escea non se vivía no centro.
 


 





Gazafello "Comecastañas"

É un demo que incordia moito, encántalle gastar bromas. O Gazafellos ten pinta de coelliño, pero non nos enganemos co seu aspecto. Este trasno é capaz de correr grandes perigos con tal de acadar unhas boas castañas que come con moita ledicia.


Para escorrentalo abondaba con nomearlle ó mellor cazador de gazafellos de tódolos tempos: ¡o Bocaaberta!. Con dicir en alto o seu nome fuxirá.


Os Patachicas



                                            PATACHICAS


Non hai trasnos que máis lle amolen a vida ós veciños. Os Patachicas son unha familia: pai, nai e filla. Polo seu físico confúndense con patacas grandes.

Na última festa prendéronlle lume ós foguetes antes de tempo, asustaron tanto ós veciños que dubídase se farán a festa o próximo ano. Contaminan acústicamente o espacio ó redor deles facendo chirria-lo eixo do seu carro de madeira de toxo para presumir, carro no que van gardando tódalas farangullas que collen nas cociñas onde entran.



Adícanse a meter cizaña rexoubando coas mentiras e os disque-disque entre os bobos que lle fan caso.

No Xantar de Trasnos da noite do 31 de outubro cantan e bailan sen parar, repenican pandeiros e panderetas, e o ruido que montan resoa por todo o lugar.




Día das bibliotecas


Noraboa a todos que participastes!!













lunes, 22 de octubre de 2012

Os gañadores foron ...


Despois da intensa xornada eleitoral que vivimos o pasado venres, Podemos dicir que os gañadores con esta experiencia fumos tod@s xa que aprendimos dun xeito práctico cal é o procedemento básico dunhas eleccións.

Para este día tivemos que elexir aos candidatos, sorteamos os membros das mesas, procedimos as votacións, recontamos os votos e proclamamos aos vencedores.

En Primeiro o candidato máis votado foi Breogán e en Segundo curso foi Laura Parga.


Xa temos aos delegados de curso!!!

jueves, 18 de octubre de 2012

Dúas irmás amantes da boa cociña

Abundia
Verandia


        Abundia e Verandia

Estas meigas sempre van xuntas. Abundia ten unha voz melosa, que recorda ó reiseñor. Verandia é a fame personificada, osos e pelexos que ten unha tonalidade na voz como o repenique dun pote baleiro.
Cando as topemos podemos aproveitar para preguntarlle canta receita ou truco de cociña se nos antolle, sábennos todos.
No Magosto do Souto de Demos son as cociñeiras, e moi boas, de todo canto se come nesa festa. Coñecen os segredos da cociña galega e algún máis. Sementan no monte canta herballada usamos na cociña. 



Mañá Eleccións no Javier Sensat.

Mañá venres 19 de Outubro o primeiro ciclo de Educación Primaria teremos eleccións para escoller os delegados de cada aula. Temos 5 candidatos por curso e despois de unha semana de campaña mañá escolleremos entre eles a un só.
Nomearemos os membros da mesa electoral: un Presidente/a e dous vogais que lle darán solemnidade ao acto. Despois procederemos a votar de xeito individual e psteriormente recontaranseos votos.
Será unha xornada inesquecible!!!!

lunes, 15 de octubre de 2012

Así vai o noso traballiño

Vilagude 
Vilagude case rematada




Árbores no mural
Buximes no Souto de Trasnos





O 2º persoaxe e... VILAGUDE


Vilagude
Esta fada, vive cun demouchiño ruín, o Chapurros, que lle enche a casa de trasnos larpeiros para darlles de comer día e noite durante toda a vida. A coitadiña non para de cociñar.

O seu don é a paciencia co seu marido que todo lle rompe, estrágalle a comida, non lle vai pola leña para o pote, mételle presa para cociñar. Así e todo, ela séntese feliz cando ve a expresión de felicidade na faciana dos convidados. Devece por non ter que cociñar na casa e que a leven a comer fóra convidada.

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

jueves, 11 de octubre de 2012

Dia da hispanidade


O venres día 12 de outubro conmemoraremos o Día da Hispanidade. Nas clases falaremos de que este día lembramos a chegada de Cristobal Colón a América. Él non era consciente de onde estaba e da repercusión do "fallo" no cálculo da súa ruta.
Alí levamos animais coma os gatos, os cans, os cabalos,... e tamén a nosa lingua: O castelán. 
Pero tamén cometimos abusos dos que non debemos estar moi orgullosos.
Ao mellor podemos aprender dos erros se os coñecemos e estes non se volven repetir, xa que ao longo dos séculos foron moitas as veces que eles necesitaron de nós, pero tamén as que nós necesitamos deles.