jueves, 26 de abril de 2012

Viaxe ao parque de atraccións.

Judit fixo viaxar a Antón e Antía a Tarragona para coñecer Portaventura. A Cebola deixárono na casa cos avós pero non pensedes que se esqueceron del xa que lle mercaron un montón de agasallos e recordos desta xornada inesquecible.




En Portaventura coñeceron moitos persoaxes como Woody Walter, coñecido coma Paxaro Tolo e pedíronlles autógrafos.






Tamén viron fogos de artificio e espectáculos que os deixaron coa boca aberta.

miércoles, 25 de abril de 2012

Na matricial Galiza

Hoxe escoitamos esta fermosa canción interpretada polo grupo 2Nafronteira. Este grupo musicou o poema de Valentín Paz Andrade do mesmo nome "Matricial Galiza" espero que vos guste tanto como nos gustou a nós.





lunes, 23 de abril de 2012

Un día no colexio.

O capítulo desta semana do noso libro escribíuno Iago Espiñeira. Nel os protagonistas van a pasar unha xornada ao colexio. Antón e Antía tiñan medo pero pasárono tan ben e aprenderon tantas cousas que enseguida o superaron e estiveron moi felices.
Cebola convertíuse na mascota do colexio e quedou no seu recordo para sempre.

Parabéns Jesús

Hoxe o director do noso colexio está de aniversario e tivo un detalle con cada un dos nenos do centro. Todos sabemos que non pasa dos trinta e por eso queremos felicitalo por facer este día especial para todos os que estamos no C.E.I.P. Javier Sensat. 




Parabéns Jesús!!

jueves, 19 de abril de 2012

Sobre as xornadas do martes.

 Gustaríame presentarvos esta entrevista que Punset lle fixo a Roger Schank na que me parece que a análise que fai da educación na actualidade é moi acertado. Sobre todo cando fala dos ordenadores, penso que temos que reflexionar. Espero que vos pareza tan interesante coma a min.



Visita de Fina Casalderrey

A fabulosa escritora estará no noso colexio os días 23 e 24 de Abril para celebrar con nós o Dia do libro. Coa clase de primeiro fará unha actividade sobre a lectura do seu libro "¿Quen me quere adoptar?" o martes 24 por iso non nos podemos esquecer de traer os libros que despois firmará. Estamos esperando ansiosos poder coñecela e ensinarlle o gran mural que preparamos e que nos quedou moi fermoso.

martes, 17 de abril de 2012

Unha boa casualidade

Sen sabelo hoxe puiden asistir a unha interesante charla no salón de actos organizada pola ANPA do C.E.I.P. Javier Sensat. Digo sen sabelo porque cheguei a ela de casualidade e enganchoume por completo. O poñente era un pai de dous alumnos do centro e falou sobre os resultados das probas PISA e dos aspectos que inciden nos resultados. Houbo unha interesante exposición de ideas e penso que foi de moito proveito. Gustaríamme felicitar ao poñente aos organizadores e a todos os que por sorte puidemos asistir.

LETRAS GALEGAS 2O12

O vineiro 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas e este ano están adicadas Valentín Paz Andrade.

Este home polifacético que ten unha rúa co seu nome en Bouzas, será o protagonista dalgunhas actividades que faremos estes días nas aulas con algúns dos seus poemas e textos.
Tamén veremos algúns videos que estes días se están colgando en youtube


De volta por Lisboa.

Os nosos amigos viaxaron a esta fermosa cidade da man de Paula Lorenzo. Tiveron unha xornada moi entretida na que viaxaron en tranvía e visitaron o castelo de San Jorge. Foi inesquecible.

viernes, 13 de abril de 2012

¿Quen me quere adoptar?

Os alumnos de primeiro levamos dous días confeccionando este mural que nos inspirou o libro de Fina Casalderrey "¿Quen me quere adoptar?". A escritora visitaranos os días 23 e 24 de Abril coa celebración do Día do libro pero nós xa estivemos traballando todo o segundo trimestre na lectura deste formidable libro.

Colocamos páxinas ampliadas que nos mesmos coloreamos a modo de resumo da historia (non o fixemos nada mal) .
Debaixo da portada escribimos as nosas opinións persoais. Escollimos as máis representativas e pódese ler: "FERMOSO, XENIAL, EMOCIONANTE, DIVERTIDO, ENTRETIDO."



No resto fomos escribindo palabras e frases que nos ían evocando cada unha das páxinas escollidas.
A primeira é unha comparación entre a soidade da Lúa nunha noite con nubes e a soidade de Manuel.
A segunda e unha descripción de Manuel.
A seguintes tres son as tres grandes ausencias da súa vida: o seu traballo como mestre, a súa filla e a súa muller. Para todas elas escribimos palabras de moita fermosura xa que Manuel tiña verdadeiro amo por eles.
  As seguintes farémolas a vindeira semana e tedes que esperar noticias. Xa sabedes que as cousas boas fanse agardar.


martes, 10 de abril de 2012

Antón, Antía e Cebola tamén foron a Naturnova!!

Laura S. escribiu neste capítulo como os protagonistas do noso libro se acercaron a esta aula interactiva e desfrutaron da viaxe en submarino. Bueno, Cebola non o pasou tan ben porque se mareou un pouquiño.