miércoles, 16 de enero de 2013

A auga



Empezamos co tema 7 de Coñecemento do Medio "A Terra" e aprendimos:
-. Os tres estados da auga:













-. "O ciclo da auga" e a importancia deste elemento para todos os seres vivos.

martes, 15 de enero de 2013

Xantar 3D


 O venres empezamos a preparar a base para facer a nosa maqueta en 3 Dimensións do Xantar de Trasnos.


O proceso comenzou preparando as figuriñas dos trasnos e fadas nun tamaño reducido e despois dándolle cor ao que vai a ser o soporte no que montaremos a maqueta.

Despois de que seque pegaremos os dous papeis e neles as figuriñas. Vai a quedar moi vistoso e lucido!!

lunes, 14 de enero de 2013

A Biografía

Hoxe descubrimos o que é unha biografía e como nos serve para coñecer datos de relevancia dunha persoa.

Os dous persoeiros que nos serviron como exemplo foron a gran poetisa galega e castelá Rosalía de Castro e o inesquecible biólogo e médico Félix Rodríguez de la Fuente.

viernes, 11 de enero de 2013

A imaxinación




Hoxe no tempo da merenda escoitamos a canción de Andrés do Barro "O Tren". Estivemos vendo o seu videoclip e falamos de que o cantante ferrolán conseguiu ser número 1 con este tema cantado en galego.


A canción que curiosamente pasou a criba da censura Franquista porque oficialmente era portuguesa, convertiuse nun himno da época.





Hoxe empregámola para coñecer a imaxinación de  Xabier Blanco, que no programa espacial chamado "No Bico Un Cantar" que a TVG lle adicou a Andrés do Barro, fixo unha versión moi fermosa empregando como acompañamento unha guitarra feita por el (minuto 16 aprox.). O instrumento está afinado e fíxoo a partir dunha caixa de galletas, un pau como mástil e sedel como corda. É incrible e os nenos quedaron moi sorprendidos.