jueves, 21 de junio de 2012

Grazas a tod@s.

Mañá é o último día de clase no Javier Sensat e gustaríame desexarvos a tod@s unhas boas vacacións de verán. 


Este desexo e sobre todo para os nenos e nenas cos que tivemos o pracer de aprender moitas cousas neste curso. Dade por suposto que neste tempo non só os nenos aprenderon, xa que as innumerables experiencias vividas tamén nos aportaron aprendizaxes de proveito aos maiores.


Como tampouco teño segura a miña continuidade no centro para o vindeiro curso, tamén quero agradecerlle aos mestres que traballan no C.E.I.P. Javier Sensat, aos pais do alumnado e a Lino o gran ambiente de traballo do que se disfruta e como se ve no día a día. Gustaríame facer especial nomeamento a Dona Mari que se xubila este ano despois de tantos anos de labor impagable.


en definitiva GRAZAS A TOD@S!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario