lunes, 12 de noviembre de 2012

A contacontos da Historia

                                                                                                            AVELAÍÑA
É unha fada con poderes que sempre anda remexendo nos libros da casa ou nas bibliotecas, todo sorrisos e ledicia. Devece por lelo todo, e pasa moito tempo escribindo contos e historias de tódolos demochiños que coñece, sempre na língua do Verbo Xido, ou en galego, aínda que saiba calquera idioma.

Avelaíña é portadora do libro Segredos e Sabeduría da Natureza, o cal lle permite aconsellar a calquera de nós que ela vexa que necesita axuda.

Do tamaño dunha rula, só se nos aparece unha vez na vida, ¡ata tres en casos moi extremos!, para darnos a inspiración que necesitamos.

De non ser quen é, gustaríalle converterse en contacontos e escritora.

Goza comendo lambetadas como os ovos de chocolate cunha figuriña de puré de castaña dentro, o marrón glacé, as bolechas de fariña de castaña, ou a mousse de castañas.

No Magosto do Souto de Demos Avelaíña encárgase de tomar nota de quenes foron, que traballos fixeron, que comeron, apunta as suxerencias para outros anos e reparte para todos unha folla na que escribeu o acontecer desa noite do Xantar de Trasnos; é a cronista oficial do que acontece nesa noite máxica.

Avelaíña escribe cunha tinta fosforescente como a luz do vagalume, coa peculiaridade de que cando o papel escrito con esta tinta non o temos nas mans as letras fanse invisibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario