Este comezo de ano, nas clases de Coñecemento do Medio estamos vendo as principais características dos animais. Coa clase de plástica colaboramos creando estes murais que reforzan o aprendido dunha forma máis gráfica.
Esta semana escomezámola facendo as nosas propias fichas para clasificar animais. É un traballo que nos pode servir para máis cousas, xa que todo se pode clasificar coñecendo ben as súas características. Segundo a opinión dos nen@s, gustoulles moito buscar as fotos en libros, revistas, internet, recortar e pegar. Tamén valoran que así coñecen máis os animais e aprenden a coidar a natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario