lunes, 13 de febrero de 2012

Unha mañá cos vermes de seda

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Explicáronnos o proceso da elaboración da seda que se obten dos vermes. María Xosé contounos como nacen, de que se alimentan e o delicados que son estes animaliños.


Ao mesmo tempo Albino estaba sacando a seda dos casulos que recollía nunha máquina moi curiosa.








 



Para rematar esta interesante visita tamén nos contaron como a seda foi descuberta na China hai uns 5000 anos e como foron capaces de gardar o segredo durante case 2000 anos.

PASÁMOLO MOI BEN!!!

1 comentario:

  1. Foi unha mañá ben entretida e chea de contidos tanto prácticos como históricos

    ResponderEliminar