lunes, 15 de octubre de 2012

O 2º persoaxe e... VILAGUDE

Vilagude
Esta fada, vive cun demouchiño ruín, o Chapurros, que lle enche a casa de trasnos larpeiros para darlles de comer día e noite durante toda a vida. A coitadiña non para de cociñar.

O seu don é a paciencia co seu marido que todo lle rompe, estrágalle a comida, non lle vai pola leña para o pote, mételle presa para cociñar. Así e todo, ela séntese feliz cando ve a expresión de felicidade na faciana dos convidados. Devece por non ter que cociñar na casa e que a leven a comer fóra convidada.

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario