martes, 13 de marzo de 2012

Que ben o pasaron na Arribada.

Da man de Iago Araújo os protagonistas do noso libro foron a parsar unhas xornadas inesquecibles á Arribada en Baiona, É unha festa impresionante que este ano conmemorou o 519 aniversario da chegada da caravela A Pinta coa noticia do descubrimento de América.


Nesta festa Antón, Antía e Cebola viron moreas de cabaleiros, mercaron arcos, xogaron cos seus amigos na praia e seguro que tamén comeron algunha das lambonadas que se vendían nos moitos postos que alí había. Como non puido ser de outra maneira, pasárono fenomenal. Están desexando que chegue o ano que ven para poder voltar a Arribada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario