jueves, 22 de marzo de 2012

Visita a Naturnova

Cadro de Lugrís que nos presentaron na actividade
Hoxe tivemos a saída a aula interactiva Naturnova. .O autobús recolleunos ás nove e cuarto porque tiñamos que estar ás dez para empezar coas actividades.
Ao chegar dividíronnos en dous grupos aínda que acabamos facendo as mesmas actividades.
Fixemos un taller de arte plástico no que nos presentaron varios cadros nos que o protagonista sempre era o mar. Eran fermosísimos.
Coa inspiración destes cadros fixemos unhas brúxulas que nós decoramos.
A outra parte da visita foi a Aula Naturnova. Alí fixemos unha viaxe en 3D pola ría de Vigo. Foi Impresionate!
Vista xeral da entrada a Naturnova
Despois visitamos un espazo no que o protagonista era o universo. Alí había ordenadores e pantallas xigantes que nos levaban polo espazo. Puidemos obter moita información dos Planetas e moi especialmente da Terra.
Na terceira habitación a protagonista era a auga. Foi ideal porque hoxe é o Día internacional da Auga e alí ensináronnos que a auga ten tres estados e é vital para os seres vivos. Tamén estaba chea de xogos e Incluso unha representación do ciclo da auga e dun ciclón.
A última habitación era a da contaminación. Alí puidemos ver como nos condiciona e do importante que é que a afastemos das nosas vidas.
Aprendimos unha morea de cousas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario