jueves, 8 de marzo de 2012

Día da Internacional muller.

Hoxe día 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller. En clase estivemos reflexionando sobre os avances que as mulleres tiveron na consecución de dereitos e do camiño que aínda queda por percorrer xa que en todos os paises non están acadados. Non nos estrana que unha muller traballe e non só teña a posibilidade traballar no seu fogar (que tamén é un traballo enorme e importantísimo e que non está nada recoñecido), pero escápasenos que por exemplo moitas mulleres non teñen o mesmo salario que homes que desempeñan o mesmo traballo.
Pensamos que todos os días nos temos que lembrar de estas inxusatizas para que non se repitan e todos avancemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario