miércoles, 14 de marzo de 2012

Grandes Xogadores




















Hoxe tivemos unha xornada ineteresantísima no cole. Fumos a ver un adestramento do AMFIV, Equipo de baloncesto en cadeira de rodas da máxima categoría nacional. Alí coñecimos a estes xogadores da plantilla: Morteza, que é iraní e non falaba moito castelán, Rida, que é marroquí, Txema Avendaño, do País Vasco, Santi Comesaña e Julio Vilas de Vigo.
Fixéronnos unha demostración de como xogan eles ao baloncesto e despois deixáronnos probar as cadeiras da escola para tirar a encestar. É moi moi difícil e é admirable como o fan eles de sinxelo.
Puidémoslles facer moitas preguntas sobre as regras do xogo pero tamén sobre as súas vidas.
Rida contounos que lle falta unha perna porque cando era perqueno o atropelou un camión ao escaparlle a súa nai.
Txema naceu sen un óso na súa perna e Santi tivo unha lesión medular ao caer dun andamio.
Quedamos abraiados polo seu afán de superación e de atoparnos unha realidade que ás veces nos parece moi lonxana e de verdadde que non o está.
Dende hoxe o Amfiv ten 250 seguidores máis.
MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario