domingo, 7 de octubre de 2012

Espéranos un ano de lendas

O lema escollido polo centro para este curso son as lendas. Por eso este venres presentámoslle aos alumn@s de 1º ciclo unha fermosa lenda con moitos seres fantásticos que forman pasrte dela. esta lenda conta que....



No  principio dos tempos todo era un caos e  escuridade. Da nada foise modelando un mundo ata conseguir o  que coñecemos  hoxe. Na terra apareceron uns seres con poderes que non tiñan os homes. Tiñan unha serie de regras a seguir para convivir en paz entre eles  e  coa Natureza, pero... algo fallou. Sucedeu que de cando en vez, veñen a visitarnos trasnos, meigas e demochiños para divertirse gastándonos bromas e falcatruadas.
Os trasnos, meigas e demochiños falan nun idioma propio: o Verbo Xido dos Arxinas pero entenden e falan o galego e máis o castelán, e o inglés (porque algúns veñen dende Irlanda).
Unha vez ao ano reúnense todos para xantar na noite da véspera de Defuntos, a noite do día 31 de outubro. Xúntanse a celebrar un Magosto ao pé do castiñeiro máis vello de Galicia, nun lugar que esa noite se chama Souto de Demos pero que o resto do ano ten de nome: Chan de Santos.
Cada trasno ou meiga leva algo de comer para compartir nesa celebración máxica na que olvidan o seu lado maligno. Por iso é a única noite na que as persoas podemos estar ó seu carón sen que nos fagan trasnadas e falcatruadas, porque só durante esa noite son bos. Meigas e trasnos levan tamén gaiteiros, para tocar unhas gaitas. Cantan e bailan sen parar, con ritmo, ¡e non desentonan!. As meigas repenican pandeiros e panderetas, e o aturuxo dos trasnos resoa por todo o lugar.
Para prender a cacharela do Magosto, arrechéganse todos os convidados e rodean o castiñeiro, chamado Rusbel de Donai, e recitan esta lenda:

O lume estaba no sol pero ninguén tiña valor para subir a traelo. Un paxariño, o paporroibo, ofreceuse a ir na procura del. O Sol advertiulle do perigo de se queimar e de morrer na viaxe, pero el, valente, emprendeu o camiño.
Cando o paporroibo tornaba co fachico no seu peteiro ardéronlle as plumas do peito e da gorxa, por iso quedoulle esa cor no papo.
Para reparar a perda das plumas os demais paxaros, agradecidos de que conseguira traer o lume, déronlle unha pluma. A curuxa foi a única que non quiso darlle unha pluma ao paporroibo, entón, os demais paxaros negáronlle o dereito a voar de día.



...E en canto rematan de recitar esta lenda, como por arte de encantamento!, ao carón do Castiñeiro aparece prendida unha cacharela que servirá para preparar as ricas castañas!.


Imos coñecer aos convidados a esta máxica noite de castañas!

Trasnos, demos, diaños,... son todos o mesmo, só se diferencian nos poderes que teñen. Os participantes nesta esmorga están relacionados coa castaña e co magosto galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario