domingo, 7 de octubre de 2012

O 1º Convidado é ... BUXIMES


Buximes

Este trasno é o máis larpeiro de cantos deambulan polas terras galegas. Sábese da súa presencia nas beiras de calquera balneario de Galicia que teña augas quentes porque alí vai coce-las castañas e repousar, aproveitando a ocasión para facerlle calquera falcatruada ós bañistas.
Buximes ten un bandullo como un saco sen fondo, no que garda toda a comida que apaña nas casas onde fai trasnadas, e cando o ten cheo se pon a xantar enriba dun carballo ou dun acivro.
No Magosto do Souto de Demos é un papalantín e hai que ter coidado de que non deixe a tódolos demais demonchiños sen poder disfrutar da panchada de castañas.


Con este primeiro convidado imos traballar esta semana facendo un collage e decorándoo. Tamén faremos traballos ubicándoo neses ríos de auga quente que temos en Galicia. Estes debuxos dos protagonistas desta lenda van decorar a planta do C.E.I.P. Javier Sensat onde se atopan as aulas de primeiro e segundo curso. Iremos colgando fotos do traballo feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario